VILANOVA> Os escolares de Vilanova homenaxean a Ramón del Valle Inclán coa lectura de Cara de Plata. Ao longo da mañá varios alumnos de todos os centros escolares da vila achegáronse á casa museo do escrito para ler unha pequena parte da obra. A lectura rematouse coa ofenda floral.
Cada ano, Vilanova celebra a semana de Ramón del Valle Inclán para homenaxear ao seu escritor máis ilustre. Unha homenaxe que inclúe iniciativas como a lectura pública. Unha representación de nenos e nenas de todos os centros escolares da vila achéganse á casa museo de Valle Inclán para alternarse na lectura dunha das súas obras, nesta ocasión a escollida foi Cara de Plata.
Esta lectura permite manter o legado vivo de Valle Inclán e trasladarllo aos máis mozos.
Ademais tamén permite mellorar a lectura dos escolares.
Ao longo da mañá, os centros escolares foron alternándose para ler Cara de Plata. Ao rematar o concello realizou a ofenda florar a Valle Inclán no parque do Castro.