Homenaxe no 120 aniversario do afundimento do buque inglés Serpent

    AUTORIDADE_PORTUARIAcopy.jpgVILAGARCÍA> Ó acto asistiu, entre outras autoridades, a cónsul do Reino Unido quen agradeceu a axuda dos galegos naquela data.

    {flowplayer}images/salnes/ANIVERSARIO_BUQUE.flv{/flowplayer}

    Fai cento vinte anos o acoirazado Serpent pertencente á Mariña inglesa afundíase en augas galegas á altura de Camariñas, na Costa da Morte, deixando cento setenta vítimas mortais.

    Esta mañá, celebrouse no Porto de Vilagarcía un acto conmemorativo en memoria destes tripulantes. Ó evento acudiron, entre outras autoridades a cónsul do Reino Unido, o Delegado da Liga Naval en Pontevedra e o de Galicia, o Presidente da Autoridade Portuaria e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra.

    Javier Puertas, despois de lembrar a estreita relación da armada británica con Vilagarcía, homenaxeou ás vítimas deste accidente e ás persoas que traballan no mar.

    A cónsul do Reino Unido, María García de la Concha, quixo destacar a axuda que naqueles tempos lles brindaron os galegos para a recuperación dos corpos dos tripulantes que hoxe se atopan no coñecido coma o ‘cemiterio dos ingleses’.

    Despois da entrega de obsequios tanto ó Presidente da Autoridade Portuaria como á cónsul e ó Delegado da Liga Naval en Pontevedra, fixeron unha ofrenda floral co lanzamento de dúas coroas de flores á ría de Arousa.

    Redacción Salnés