‘É a quinta vez que me rouban en sete meses e xa non sei que facer’

    fotoisabelcopia.jpgMEIS> Este é o balance que fai unha hostaleira do Salnés que sufriu nas últimas semanas máis roubos que en toda a súa traxectoria.

    {flowplayer}images/salnes/RouboCasaIsabel.flv{/flowplayer}

    Ó redor das cinco da mañá recibiu Isabel a chamada da central de alarmas. Unha vez máis, por quinta vez nos últimos sete meses, entraran a roubar no seu establecemento. Esta hostaleira rexenta dous locais, este situado na recta da Goulla e un segundo ubicado en Ribadumia.

    Ó tratar de forzar a reixa desta porta traseira, deixárona inutilizada e os propietarios tardaron tempo en poder entrar. Os ladróns finalmente conseguiron acceder a través da fiestra do baño, onde esta mañá aínda se podían ver as pegadas pola parede.

    Máis que os cartos que atoparon, poucas moedas da caixa rexistradora e a recadación da comecartos, o peor, segundo Isabel é o destrozo. As reixas e ventás, os sistemas de alarma, as cámaras de seguridade. Ademais, é a quinta vez que sufre un incidente deste tipo e as cousas cada vez póñense peor.

    Ata o de agora, e despois de seis anos dende que abrira o seu primeiro local, non recorda unha época coma esta.

    Redacción Salnés