Os vendedores da Praza de Abastos de Caldas temen un retraso nas obras

    prazaabastoscaldas_100_150207.jpgCALDAS DE REIS > Arestora os praceiros debían estar instalados no local provisional situado na rúa Real, pero aínda non está acondicionado.

    Responsables da empresa Proinsa comunicáronlle ó alcalde o retraso nas obras do local provisional. Sen embargo tanto os técnicos de Proinsa, como o director da obra, Santiago Domínguez, e o xefe da compañía, Juan Carlos Martín, aseguráronlle ó alcalde que esto non afectará á reforma da praza de abastos.

    O mercado debe estar rematado na primeira primera quincena de xullo e parece que así será, anque directivos da Asociación da Praza de Abastos propuxeron facer algún cambio no proxecto inicial que será tratado nunha vindeira xuntanza entre comerciantes e membros da empresa.

    Ademais tamén se lle enviará o proxecto á Consellería de Sanidade por se houbera que facer algún cambio. De tódolos xeitos a empresa comprometeuse a cumpri-los prazos atendendo ás demandas dos comerciantes que están preocupados cos problemas xurdidos inicialmente nesta obra.

    Redacción Salnés