O concello de Vilagarcía negocia a ampliación do servizo de transporte ao Hospital de O Salnés

    A mellora da accesibilidade e a mobilidade en Vilagarcía centran as liñas principais do modelo de cidade que o executivo de Alberto Varela, pretende implantar na vila. Por iso representantes do Concello e o grupo de transporte público colectivo de Benito Abalo, están a manter unha serie de reunións, a fin de conseguir mellorar as frecuencias de autobús ao Hospital Comarcal de O Salnés. 

    Representantes do concello de Vilagarcía e o grupo de transporte público colectivo Benito Abalo mantiveron unha xuntanza para intentar mellorar as frecuencias do autobús que comunica a vila co Hospital Comarcal de O Salnés. 

    A ampliación das conexións co Hospital Comarcal de O Salnés é unha vella demanda da cidadanía de Vilagarcía. Ata o de agora os usuarios só dispoñen de dous servizos directos de bus pola mañá e outro pola tarde. 

    A colaboración entre o concello e a empresa tamén pretende estenderse a outras liñas de carácter urbano que o grupo presta en Vilagarcía, como as que dan servizo á Castroagudín e Cea. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/06/linha_buses_hospital_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/06/linha_buses_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}