Tragsa xestionará un proxecto piloto para a canceira provincial

    fotocanceiracopia.jpgPONTEVEDRA> Os 42 municipios implicados reuníronse na Deputación para falar do servizo mancomunado de recollida de lixo e da canceira.

    {flowplayer}images/salnes/ReunionDepoLixoAnimais071112.flv{/flowplayer}

    As instalacións da canceira provincial, situadas en Meis, levan dous anos rematadas e ata o de agora continúan sen ser estreadas. Nesta reunión, os alcaldes da provincia acordaron poñer en marcha un proxecto piloto que xa dende principios do ano que ven deixe en mans da Deputación a xestión do centro de protección animal.

    Un proxecto experimental para o que se levará a cabo unha negociación coa empresa Tragsa, a que , en principio, porá en marcha a canceira. Obxectivo principal é acadar un aforro para os concellos e facelo creando un bo centro de protección animal. TOTAL Ademais da canceira, o outro tema sobre a mesa, foi o servizo de recollida e tratamento de lixo. O presidente da Deputación puxo de manifesto o déficit que esta xestión está a producir nas administracións locais.

     remediar estes datos, a solución estaría neste caso en mancomunar o servizo. A Deputación pasará a encargarse da cuestión do lixo e unificaranse os criterios para que tódalas vivendas paguen o mesmo, e o fagan tamén cos mesmos prazos. Entre trinta e corenta euros, dúas veces ó ano.

    A outra novidade é a colocación dun chip nos contedores, que permita controlar a cantidade de refugallos que se reciclan, para poder así bonificar a aqueles que máis o fagan. Nestes momentos das cen mil toneladas de lixo que se producen, só se separa un dez por cento. Con respecto á redución de persoal que isto implicará, Louzán aclarou, ningún dos 150 traballadores implicados será despedidos, buscaránselle outras ubicacións.

    Redacción Salnés