![]()
BARRO> Dous octoxenarios perderon a vida ó ser investido o seu vehículo por un camión na N-550. No sinistro estivo implicado un terceiro vehículo.
{flowplayer}images/salnes/AccidenteMortalBarro051012.flv{/flowplayer}
Este é o segundo accidente mortal que se produce no Concello de Barro en apenas quince días. O sinistro tivo lugar na nacional 550. A condutora deste Peugeot 207 conducía en dirección Pontevedra cando se dispuxo a entrar nesta gasolineira e se parou diante para efectuar o xiro. O Nissan Sunny no que viaxaba o matrimonio, circulaba detrás e detívose tamén, pero o camión que os seguía non foi quen de frear e levounos por diante.
A muller que circulaba no Peugeot tiña 46 anos de idade e resultou ferida leve. O condutor do camión, de 52 anos saíu ileso da colisión aínda que se atopaba visiblemente afectado. O xiro que trataba de facer a muller e que ocasionou o accidente non está permitido e a Policía trata agora de averiguar como se desenvolveron os feitos.
Segundo as primeiras informacións os falecidos, serían veciños do lugar de Mane e dirixiríanse a un tanatorio que se atopa poucos metros máis arriba.
Ademais da Garda Civil, ata o lugar desprazáronse dúas dotacións de bombeiros, protección civil, un equipo de atestados e tamén persoal de mantemento da calzada. A estrada sufriu retencións durante a lo menos dúas horas ó ter que permanecer pechado un carril.
Redacción Salnés







