MEIS> O Solifesti de Meis foi todo un éxito. O festival organizado polo colexio do Mosteiro volveu trala pandemía con moita enerxía.
Ducias e ducias de veciños participaron neste evento solidario que, nesta edición, buscaba recadar fondos para o pequeno Leo. Trátase dun bebé da localidade que precisa dun transplante pulmonar en Barcelona. O recadado servirá á familia para costea-la estadía en Cataluña no tempo que dure o proceso.
Seguindo o Solifesti estivo Mariña Fariña, unha reporteira moi especial de Canal Rías Baixas.