UUAA pide ás adegas que se adhiran ós contratos homologados

    uuaa_vendimacopy.jpgPONTEVEDRA> Así mesmo, amosou a súa preocupación xa que mentres diminuíu a produción e o prezo da uva, os custes dos viticultores aumentaron un 40%.

    {flowplayer}images/salnes/UUAA_VENDIMA_051012.flv{/flowplayer}

    Na campaña atípica que lle tocou vivir á DO Rías Baixas este ano, cun descenso considerable na produción, desde Unións Agrarias veñen de facer patente a súa preocupación a pouco tempo de que remate a tempada. E é que aparellado a esta diminución, veu un menor rendemento por hectárea e pola contra, aumentaron os custes dos viticultores nun corenta por cento.

    Así mesmo, desde o sindicato aseguraron que moitas adegas aínda non lle puxeron prezo á uva co que se dá pé á especulación e á incertidume de saber cando van poder cobra os viticultores. Por iso, fixeron un chamamento á industria para que se adhira ós contratos homologados.

    Con todo, José Ramón González resaltou que van estar vixiantes a como evolucionan as cousas co obxectivo de evitar que os viticultores cobren a uva a menos dun euros e que as adegas non traten de vender viño como de 2012 sendo da anada do 2011.

    Por último, fixeron un chamamento ó Consello Regulador e á Consellería para, por unha banda, fagan cumprir os regulamentos e, por outra, convoquen a mesa do viño antes de final de ano para falar xa dos contratos homologados de cara ó ano que ven.

    Redacción Salnés