Os veciños de Sentín queren un semáforo na recta de Rubiáns

VILAGARCÍA> Os veciños de Sentín, en Vilagarcía, reclaman un paso de peóns semaforizado na estrada que une a localidade con Pontevedra. Dende o colectivo veciñal aseguran que levan anos agardando pola mellora da seguridade viaria na zona, cun alto volume de tráfico.

Os veciños desta zona da parroquia de Rubiáns, en Vilagarcía, levan moitos anos reclamando melloras da seguridade viaria nesta transitada estrada, que une a localidade con Pontevedra.

Neste punto concreto, na intersección que vai para Sentín, os veciños contaban con ter un paso de peóns semarizado hai xa dez anos. Ese era, cando menos, o compromiso adquirido hai agora unha década.

Así que dez anos despois, dende a Asociación de Veciños manteñen a mesma reivindicación: piden un paso de peóns regulado por semáforos e a delimitación dunha parada de bus, en dirección Vilagarcía, que garanta a seguridade dos seus usuarios.

As reclamacións dos veciños buscan poñer freo ós constantes contratempos que se rexistraron nesta zona nos últimos anos. Varios deles, como lembra Xurxo, con resultado de morte.

As súas reivindicacións volveron ser postas, de novo, en coñecemento do Ministerio de Fomento, que ten as competencias sobre a vía.

Os veciños de Rubiáns tamén aproveitan para reclamar, neste caso ó concello. melloras na iluminación no cemiterio parroquial.