A Mesa do Viño volveu a reunirse para falar de prezos

    mesa_vio_100.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá a Cámara Agraria de Pontevedra volveu a acoller unha nova reunión da Mesa do Viño, na que os representantes…

    … da Xunta de Galicia, dos Sindicatos e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. O tema central da xornada foi a fixación dos prezos de saída do viño; un asunto que quedou sen resolución posto que aínda resta un ano por diante para pechar o contrato homologado. O que si se deron foron cinco propostas que agora cada unha das partes consultará cos seus representados.

    Tal e como adiantou o delegado na provincia de Pontevedra da Consellería do Medio Rural estas cinco propostas son distintas entre si; unha delas propón o establecemento dos prezos en base a tantos porcentuais de aumento, outra actualizar o prezo segundo o IPC, e outra que as cantidade se intexen en función dun observatorio de prezos, que teñan en consideración factores como custes, de producción, o IPC e outros parámetros, tal e como adiantou Ademais destes asuntos, a mesa tamén tratou outros temas de interese para o sector como dar un cumprido repaso á axenda da duración dos contratos ou á introducción das variedades de uva branca que non son albariño.

    Redacción Salnés