![]()
SALNÉS> A maioría asegura que xa sabe a quen vai votar e que a campaña electoral non influíu na súa decisión.
{flowplayer}images/salnes/EnquisaIntencion_191012.flv{/flowplayer}
Derradeiro día de campaña electoral. Mañá xornada de reflexión e o domingo tódolos galegos maiores de 18 anos estamos convocados ás urnas para elexir ó novo presidente da Xunta de Galicia. A menos de 36 horas para que se abran os colexios electorais saímos á rúa para coñecer de preto as sensacións da xente de cara a estes comicios. A maioría augura unha loita reñida aínda que parte con vantaxe Feijóo. Algúns aínda non saben a quen van votar.
Os esforzos duns e outros na campaña semella que non son necesarios porque a maioría ten decidido o voto de antemán. A opinión na rúa é que o PP parte cunha vantaxe importante nestas eleccións pero non se sabe aínda se será suficiente como para gobernar en mayoría.
Moitos ven nestes comicios unha loita reñida e non se atreven a pronósticar. Os que o fan, decántase por Alberto Núñez Feijóo. Para saber se é Núñez Feijóo, Pachi Vázquez ou calquera dos outros candidatos haberá que agardar 48 horas, cando previsiblemente comezarán as saír os primeiros resultados.
Redacción Salnés









