![]()
SANXENXO > Anque o atraco foi o suceso máis grave, o concello viviu hoxe varios casos de incendios, todos sen vítimas.
O atraco ocorreu pasadas as dúas da tarde na sucursal que o Banco de Galicia ten na avenida de Madrid, en Sanxenxo. Dous homes de entre 30 e 40 anos entraban na oficina pechándoa por dentro e encerrando ó persoal e clientes que se atopaban alí no soto do edificio. Segundo fontes da Garda Civil, os dous atracadores levaron os cartos do caixeiro automático e do dispensador do mostrador.
As persoas que os viron describíronos como españois, dun metro 75 de altura, e vestidos con vaqueiros. Os
dous portaban pistolas e un levaba o pelo corto moreno, mentres que o outro levábao longo e tirando a castaño-loiro. O roubo foi a cara descuberta e non houbo feridos. Incendio nun hotel Pero ademais esta mañá, sobre as 8 e media, tivo lugar un incendio no hotel Galaico, en Vinquiño, Adina. Anque o lume foi sofocado de inmediato por Protección Civil e os Bombeiros do Salnés, provocou danos na zona do comedor, na pranta baixa.
Ó parecer o incendio orixínouse na neveira. Non houbo danos persoais xa que o hotel estaba pechado e ademais os donos viven ó lado e avisaron de inmediato. Outros casos Pero ademais hoxe houbo outras dúas intervencións de Protección Civil, segundo informou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Francisco Villaverde. Unha de madrugada en Vilalonga onde ardeu un Citroën AX, propiedade dunha veciña do Grove e outra este mediodía frente ó colexio de Portonovo onde ardeu unha motocicleta por un quencemento do motor.
Redacción Salnés






