Dous traballadores feridos mentres manipulaban un cadro eléctrico

    accidentelaboralcastro100.jpg RIBEIRA> Dous traballadores resultaron feridos ó producirse unha explosión mentres manipulaban un cadro eléctrico.

    {flowplayer}barbanza/accidentelaboralcastro.flv{/flowplayer}
     
    Preto das dez da mañá, o 112 recibía o aviso dun particular informando dun accidente laboral no lugar do Castro, na parroquia ribeirense de Castiñeiras.
     
    Dous electricistas atopábanse manipulando un cadro eléctrico cando se produciu unha explosión. Un dos traballadores presentaba queimaduras na cara ó igual que o seu compañeiro que tamén tiña afectada unha man.
     
    Nun primeiro momento foron trasladados ó centro de saúde de Ribeira dende os derivaron ó Clínico de Santiago.
     
    Sen luz
     
    A consecuencia da explosión a maioría das vivendas da zona quedaron sen subministro eléctrico ó longo de todo o día.
     
    Redacción Barbanza