Vilanova imprime as súas propias máscaras para loitar contra o coronavirus

O CDL de Vilanova crear máis de 15 EPIs ao día coas súas impresoras 3D

VILANOVA> O Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova aproveita as súas impresoras 3D para crear equipos de protección individual. Os materiais estarán destinados á policía local, protección civil e ás farmacias. Con esta iniciativa pódense crear entre 16 e 20 máscaras ao día.

Dende o centro de Desenvolvemento Local de Vilanova queren aportar o seu gran de area para axudar na loita contra o coronavirus. Por elo, o persoal técnico da formación en novas tecnoloxías pon en práctica unha iniciativa para a creación de equipos de protección individual.

Coas 9 impresoras do centro pódense crear entre 16 e 20 viseiras. Os equipos de protección irán destinados aos equipos de emerxencia da vila e aos establecementos que traballen de cara ao público.

Para facer estes equipos son necesarios materias como o acetato, as gomas elásticas ou filamento. O concello de Vilanova encárgase de sufragar os gastos destes produtos.

Varias empresas que colaboran co centro vilanovés xa se puxeron en contacto coa xerencia para axudar coa doazón de materiais. Dende as instalacións continuarán creando os equipos de protección durante o resto da corentena.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí