Luís Arosa relevará a Carlos Iglesias como candidato do PSdeG á alcaldía da Illa de Arousa nas vindeiras eleccións

ILLA> A incógnita quedou por fin desvelada. O alcalde da Illa dá un paso atrás e renuncia a presentarse á reelección. O candidato dos socialistas insulares será Luis Arosa. Nestes momentos, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Servizos, Tráfico e Mar. Carlos Iglesias é alcalde da Illa dende 2015, nas dúas citas ás que se presentou con maioría absoluta. No municipio moitos xa daban por feito que Iglesias non ía optar a un terceiro mandato, un extremo que se confirmou esta tarde nun acto no que o novo candidato estivo arroupado pola plana maior do PSdeG, co líder dos socialistas galegos á cabeza.

Carlos Iglesias non repetirá na alcaldía da Illa de Arousa. Nun acto celebrado polo PSdG este luns non concello insular, o actual rexedor anunciou que deixará de ser o voceiro da formación na Ila de Arousa. Carlos Iglesias anunciou que é o momento de dar o relevo a xente nova como Luis Arosa.

O acto serviu para presentar a Luís Arosa como novo candidato do PSdeG na Illa. O concelleiro tomará a testemuña de Carlos prometendo continuar co seu traballo.

No acto estiveron presentes altos cargos do partido a nivel autonómico como Valentín Formoso, Carmela Silva ou David Regades. Os socialistas quixeron recoñecer o traballo de Carlos e dar a súa confianza a Luís Arosa.

Luís Arosa será o canidato nas vindeiras eleccións pero mentres Carlos Iglesias continuará sendo o alcalde da Illa de Arousa. O aínda actual rexedor sinala que deixará a primeira liña pero non a súa militancia e o seu traballo no Partido Socialista da Illa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí