‘Thenaisie Provoté seguirá no Grove’, a xuíza acepta as tres ofertas pola compañía

VILAGARCIA, O GROVE> As traballadoras de Thenaisie Provote comezan a ver a luz á fin do túnel. A xuíza encargada do proceso de liquidación acepta as tres ofertas que recibiu para adquirir a empresa. A venda da compañía atenderá agora a criterios como o mantemento dos postos de traballo ou a continuidade da unidade produtiva.

Despois de moitos meses de loita e mobilizacións, a continuidade de Thenaisie Provote está preto de solucionarse. A factoría que está en proceso de liquidación recibiu tres ofertas para adquirir a compañía. Dúas delas foron denunciadas nun primeiro momento pero finalmente os xulgados acepta as tres ofertas.

Agora ábrese un período de alegacións, onde as empresas incluso poden mellorar as súas ofertas. Os bancos deberán aceptalas e a continuación será a xuíza a que decida a oferta máis interesante atendendo a varios criterios.

As traballadoras celebran ou da xuíza e desexan que se escolla a oferta que manteña máis postos de traballo.

Con esta boa nova, os traballadores reincorporaranse ao completo o luns para continuar coa actividade produtiva da empresa. Pendentes da decisión da xuíza, tanto a Cig como as empregadas móstranse moi optimistas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí