![]()
VILAGARCÍA> Os 79 funcionarios do concello traspasarán en 2013 o seu seguro dende Adeslas á sanidade pública.
{flowplayer}images/salnes/PlenoVilla_291012.flv{/flowplayer}
Despois de tres reunións practicamente consecutivas, dúas delas esta mañá, entre goberno local e representantes de traballadores, finalmente PP e IVIL, en solitario, aprobaron que os 79 funcionarios que desfrutaban ata agora dun seguro privado, pasen a integrarse no sistema de saúde público.
Dende o concello din que é economicamente necesario, xa que os actuais seguros supoñen un gasto anual de 113.000 euros.
PSOE, BNG e Esquerda Unida votaron en contra e pediron que o punto se retirase da orde do día. Botáronlle en cara ó alcalde non ter negociado antes cos sindicatos nin levar este asunto ó pleno con anterioridade e si tres días antes de que venza o prazo para desvencellarse de Adeslas de cara a 2013.
Fole asegurou que estudiarán cada caso particular para favorecer o tránsito dun seguro a outro sen perxudicar a atención sanitaria a ningún dos afectados.
No pleno, tamén tomou posesión do cargo de concelleiro Francisco Javier González Mariño e Elena Suárez foi designada como representante na Fundación Fexdega, ambos en substitución de Luís Garrigós
Redacción Salnés










