![]()
SANXENXO> O Xulgado do Social número 3 de Pontevedra condenou á empresa Armarios Alonso a pagar 34.105 euros a un dos seus ex empregados.
Este presentou en xullo unha demanda por despido improcedente e despois ampliouna para pedir a extinción do contrato. O xuíz titular estimou esta demanda e obriga á empresa a abonarlle ó traballador despedido unha indemnización de 45 días por ano traballado, contando por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, ata un máximo de 42 mensualidades.
O sindicato CIG foi que deu a coñecer este fallo xudicial, que dá así por válidas as argumentacións sindicatis neste conflito. A CIG lembra que este luns se celebrou outro xuízo no mesmo xulgado no que estaban afectados 13 traballadores, estando pendente de sentencia. E ademais, para o 24 de novembro volverá a haber outro no Xulgado do Social número 1 onde se verán as demandas presentadas por outros 22 traballadores.
Redacción Salnés










