![]()
POIO> O voceiro popular, Ángel Moldes asegura que coa suba das taxas moitos veciños teñen serios problemas para facerlle fronte a estes pagos.
{flowplayer}images/salnes/PpPoio301012.flv{/flowplayer}
O pago fraccionado do Imposto sobre Bens Inmobles, polo menos en dúas veces. Esta é a proposta que o Partido Popular de Poio levará ó Pleno municipal. Ángel Moldes pídelle ó Concello que negocie co ORAL e que ambas administracións se poñan de acordo para poder levar a cabo esta medida. Unha medida que, segundo os populares facilitaría e moito as cousas ós veciños do Concello, que no último ano viron incrementada considerablemente a contía do IBI.
Ó mesmo tempo, o voceiro popular tamén quixo deixar claro que o fraccionamento sería unha axuda para a cidadanía, non unha solución, posto que dende o seu partido non apoian a suba de taxas levada a cabo polo Concello.
Ó fraccionamento do IBI súmanse tamén outras peticións. Ata o de agora os cidadáns podían pedir un aprazamento ou un fraccionamento da súa débeda coa administración pero cando a contía non superaba os seis mil euros. Os populares reclaman agora que a cifra se eleve ós dezaoito mil. Deste xeito igualaríase á da administración autonómica.
Que se amplíe a contía e tamén que se amplíen os prazos para a devolución, pasando dos dez meses establecidos na actualidade, ós vinte catro meses.
Redacción Salnés








