O concello executa un expediente de derrube dunha vivenda

    VALGA > O Concello de Valga executou o expediente de derrube dunha vivenda na rúa Baixa. Unha das propietarias do inmoble, Carmen Liste, amosou o seu rexeitamento a esta actuación e acusou directamente ó alcalde de declaralo en ruínas porque lle molestaba. Ó carón desta casa sitúase a parcela que adquiriu o Concello para o Museo da Bella Otero.

    derrubecasavalga_200_301006.jpgFinalmente, o Concello de Valga executou o expediente de derrube dictaminado polos técnicos municipais contra a vivenda número 7 da calle Baixa. Segundo explicou o alcalde, o inmoble atopábase en ruínas e a primeiros deste ano iniciouse o expediente que concluíu hai uns días coa declaración de derrube inminente. A decisión comunicouse a tódolos propietarios, todos da mesma familia.

    Unha deles, é Carmen Liste que amosou a súa desconformidade con este expediente de derrube. Acusa ó propio alcalde de ser o promotor da declaración de ruína desta casa e de derrubala porque lle estorbaba. Carmen Liste lembra que o inmoble, que estaba edificado en pedra do país, linda coa parcela adquirida no seu día polo goberno municipal para construír o museo da Bella Otero. O rexedor di que esta acusación non ten sentido, porque o Concello non se vai apropiar desa parcela, que segue en mans dos seus propietarios, para o que estimen oportuno. A pesar do seu rexeitamento, Carmen Liste tivo que ver como a pala municipal derruía a casa na que naceu ela máis seus irmáns.

    Redacción Salnés