![]()
VILAGARCIA> Os sindicatos están a quecer motores de cara a vindeira folga xeral do 14 de novembro,…
{flowplayer}images/salnes/folga_xeral_071112.flv{/flowplayer}
… que máis aló de ser unha convocatoria sindical conxunta en España, é unha xornada de loita a nivel europeo convocado pola Central Europea de Sindicatos; e que tamén se deixará sentir noutros países da CEE como Portugal, Grecia, Chipre e Francia.
As delegacións na Arousa dos sindicatos CIG, CCOO e UXT entenden que a situación arestora é máis que grave dado que as políticas de recortes ás clases traballadoras, a conxelación de salarios, e a supresión de servicios públicos básicos, así como a subida de impostos e o desmantelamento do estado de benestar están a forxar unha fonda fractura social.
Os sindicalistas da comarca entenden que o actual goberno central está a estafar ós cidadáns ó aprobar medidas contrarias ás que prometeu beneficiando ás clases altas en detrimento das outras. Desmenten que a reforma laboral sexa o camiño para saír da crise e que o menoscabo dos dereitos laborais é un camiño de volta atrás que só pode frearse cunha grande contestación social na rúa.
Esta folga chega no momento no que o Goberno Central está a elaborar o orzamento do ano próximo 2013, no que, entre outras medidas, se contempla un cumprido descenso nas prestacións por desemprego do 6,3 %; uns mil oitocentos millóns de euros anuais. A día de hoxe os sindicatos seguen ultimando os detalles dos servicios mínimos que se agardan que sexan, cando menos, semellantes ós establecidos na anterior folga xeral.
Redacción Salnés








