‘Mar de Santiago’ presenta en Fitur a súa proposta para coñecer o Camiño a través do Ulla

VILANOVA/CATOIRA/PONTECESURES/VALGA> En Fitur tamén estivo representada Mar de Santiago. A ruta fluvial xacobea que une os concellos de Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures presentou na feira de turismo o seu vídeo de promoción. Representantes de todos os municipios estiveron presentes no acto de Madrid.

Mar de Santiago xa é unha realidade. A ruta fluvial xacobea que une os concellos de Vilanova,Catoira, Valga e Pontecesures botou hoxe a andar en Fitur. O proxecto preséntase como unha ruta alternativa para que os peregrinos coñezan a historia do Camiño a través do río Ulla.

A ruta pretende atraer a aqueles peregrinos que finalicen o Camiño a Santiago. Unha continuación da peregrinaxe que permitirá coñecer a gastronomía, cultura e paisaxes destas catro vilas.

Os alcaldes dos catro concellos móstranse ilusionados.

Na presentación de Mar de Santiago, tanto a parlamentaria Ana Pastor como o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacaron a innovación e orixinalidade do proxecto.

O proxecto tamén conta coa colaboración de Turismo de Galicia. Dende esta tarde xa está dispoñible a páxina web onde poder coñecer toda a información acerca de Mar de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí