ExpoOfertas trae a Vilagarcía rebaixas de ata o 70%

    VILAGARCIA> Uns 22 stands integrarán o ExpoOferta de Vilagarcía. Unha iniciativa organizada por Zona Aberta, coa intención de que os comercios da vila liquiden o stock de esta temporada. Dende hoxe ata o domingo a feira estará aberta na explanada do Auditorio da vila. Roupa, zapatos, sabanas, lencería ou complementos son só algúns dos artigos que poderán atopar en ExpoOferta, a feira de oportunidades que a asociación de comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta, organiza coa intención de que os comerciantes liquiden o stock de esta temporada con importantes descontos. Nesta ocasión virán comerciantes de diferentes puntos da comarca de O Salnés. Esta feira de oportunidades estará conformada por uns 22 stands instalados na praza do Auditorio de Vilagarcía dende hoxe e ata o domingo. Unha iniciativa coa que os comerciantes participantes amósanse satisfeitos tras os bos datos acadados en edicións anteriores. Recordar que os descontos que poderán atopar nalgúns casos superarán o 50%. Dende a asociación de comerciantes sinalan que a dinámica da edición de este ano seguirá a de anos anteriores, xa que cada comerciante contará cun stand 3x3m. Cabe recordar que onte deron comezo as Festas de San Roque en Vilagarcía, polo que este fin de semana esperase que se incremente o público a esta convocatoria.