![]()
VILAGARCÍA> Despois de tres anos de loita, as mariscadoras do Lazareto xa teñen os permisos para realizar o seu traballo.
{flowplayer}images/salnes/EntregaPermexCarril_071112.flv{/flowplayer}
Tres anos loitando por estes pérmex que hoxe chegaron a Carril e que foron recollidos por varias das mariscadoras do Lazareto que agora sí terán todo en regra para poder realizar o seu traballo.
Son 12 os pérmex que autorizou de momento a Consellería do Mar, se ben nas vindeiras datas chegarán oito máis, todo vez que hai unha serie de traballadoras que están á espera de completar uns cursos de formación.
O seu traballo vanno ter que desenvolver nos Lombos do Ulla, faranno a partir do luns, mentres non se resolve o conflito entre mariscadoras de Carril e Consellería. Con todo, as caras eran hoxe de satisfacción. Din que seguirán loitando por máis pérmex, por máis postos de traballo.
Redacción Salnés







