Chega a feira da industria cultural máis completa de Galicia

    fotoculturgalcopia.jpgPONTEVEDRA> O evento terá lugar os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro. Haberá actividades tanto para profesionais como para ó público xeral.

    {flowplayer}images/salnes/ProgramacionCulturgal061112.flv{/flowplayer}

    É a terceira edición desta nova etapa e a quinta en total, despois dun breve parón. Culturgal chega a Pontevedra como un escaparate para o sector da industria cultural pero tamén como un punto de encontro para profesionais.

    Trátase dun intento de continuar achegando a cultura, e Culturgal segue asentándose coma o máis completo espazo de difusión e encontro cultural de Galicia. Durante os tres días que durará a feira, 30 de novembro, 1 e 2 de decembro realizaranse 140 actividades, dez máis o que o ano pasado. Exposicións, obras de teatro, conversas. Entre elas, unha das máis destacadas, as Conversas de Salón.

    O Conselleiro de Cultura, pola súa banda, quixo destacar importancia estratéxica deste sector, e recordou que da traballo a máis de 17.500 persoas na nosa comunidade.

    Ademais tamén puxo en valor, Xesús Vázquez o emprego da lingua galega en moitas das actividades da feira, como rasgo definitorio da nosa identidade.

    A Pesares da redución no presuposto deste ano, un 15 % menos que o ano pasado, dende a organización aseguran que o talento fará que nin se note.

    En total, o orzamento desta feira é un 25% do de calquera outro evento a nivel nacional. O millón de euros co que contan eventos deste tipo noutros lugares de España redúcese aquí ata os 250.000 euros.

    Redacción Salnés