Fexdega acolle esta fin de semana a I Arosa Novias

    VILAGARCÍA> A actividade feiral volve con forza ó recinto feiral de Fexdega ca Mostra Arosa Novias; unha feira dedicada…

    {flowplayer}images/salnes/ptac_arosa_novias.flv{/flowplayer}

    … a aqueles que queiran unirse en matrimonio, ben sexa relixioso ou civil ou de persoas hetero ou homosexuais, agora que está de moda o tema.

    En total serán uns 75 os expositores dos dous lados da Ría de Arousa que se darán cita en Arosa Novias. Ó longo do sábado e do domingo celebraranse neste recinto vilagarcián desfiles e mostras de vestidos, peiteados e maquillaxe e daranse mostras de todos aqueles detalles imprescindibles para que o evento se converta nun acto inesquecible.

    A madriña de honra desta primeira ocasión será a deseñadora de moda, estreitamente vencellada ó mundo dos touros, Vicky Martín Berrocal; quen dará a súa aparición á media mañá do sábado. A entrada ó recinto custará 3 euros ó día, e con ela terán dereito a unha gardería na que coidarán ós cativos namentres damos unha volta polos stands expositores.

    Cabe destacar que os promotores deste evento, e da revista e páxina web homónimas, son Marta e Juan, dous novos empresarios que saíron do viveiro de empresas da Cámara de Comercio.

    Desde o Concello de Vilagarcía ven en Arosa Novias unha demostración na práctica da versatilidade do recinto feiral de Fexdega; que compatibiliza a celebración de feiras coma esta ca celebración de eventos deportivos. Arosa Novias conta con cumprida información na web, tanto na súa páxina web como nas redes sociais, onde se recolle o programa de tódalas actividades programadas.

    Redacción Salnés