Prezos máis que baratos da centola na semana de apertura

    CAMBADOS> O prezo da centola da ría nas prazas de abastos a penas sube dos 10 ou 12 euros a de mellor calidade;

    {flowplayer}images/salnes/prezos_centola_volandeira_praza.flv{/flowplayer}

    … un prezo moi baixo que aínda así non fai que se animen as vendas. Estes prezos de ganga non se corresponden ca calidade da centola que se encontra xa nun estado óptimo para o seu consumo.

    Os baixos prezos da centola e a escaseza de demanda dela por parte dos veciños das Rías Baixas nestas épocas fai que as pescantinas a penas se animen a comprala, ó que hai que engadir ás molestias do seu mantemento viva. Outra das especies que volven ás prazas nestes días é a volandeira; que conta cun prezo máis alto que noutras anualidades; o que tampouco é moito.

    Nesta especie si que encontramos máis peixeiras remisas a vendela posto que o seu proceso previo á venda é máis ensarillado. As pescantinas cambadesas agardan ó Nadal para ver se soben os prezos e, sobre todo, se aumentan as vendas; aínda que vendo o panorama de crise actual albergan poucas esperanzas ó respecto.

    Redacción Salnés