O 869 corónase como o rei de ventas da Lotaría de Nadal

    O GROVE> Son os días que median entre os nacementos de Cristiano Ronaldo e Messi e os fillos de ambos.

    {flowplayer}images/salnes/VendaLotaria_081112.flv{/flowplayer} 

    ¿Qué terán que ver Cristiano Ronaldo e Messi na venda de lotaría de Nadal? Pois este ano moito. Segundo publicou recentemente un diario deportivo catalán entre a data de nacemento do futbolista do Madrid e o do Barça median 869 días, tantos como se levan os fillos de ambos. Superstición ou forofismo, pero nas administracións da Illa e a número 1 de O Grove, está sendo o número estrela en canto a vendas deste ano.

    As terminación máis solicitadas volven a ser as de sempre, 13 e 69, e como non, o número 7.  O ritmo de vendas está a ser moito menor por mor da crise. Aumentou o número de participantes pero descendeu a cantidade que xogan. 

    Con todo dende esta administración do Grove están a capear o temporal grazas á fama adquirida o ano pasado cando venderon o terceiro premio.

    Redacción Salnés