O GROVE> Novo roubo no Grove. Os ladróns entraron esta vez na cafetería Mil Estrellas, na estación de autobuses da localidade. Os asaltantes leváronse máis de 5 mil euros.
Na madrugada do pasado martes dous ladróns entraron a roubar na cafetería da estación de autobuses. Os cacos accederon ó primeiro piso, eludindo os sistemas de seguridade e de vixilancia da planta baixa. Roubaron os máis de 5 mil euros que estaban gardados na oficina.
Os asaltantes non puideron evitar todos os sistemas de vixilancia. Unha cámara do piso superior gravou como en só tres minutos levouse a cabo o roubo. A maneira de actuar dos ladróns é o que fai crer ó propietario que coñecían moi ben o establecemento. Os cacos foron directamente as oficinas e accederon ós cartos, que estaban aí esa noite para pagar ós empregados ó día seguinte. Os encapuchados non forzaron nin a caixa rexistradora nin as máquinas recreativas. O propietario xa denunciou dos feitos, e pensa incrementar as medidas de seguridade. Segundo os camareiros, este xa é o quinto roubo na localidade meca nos últimos meses.