Os afectados polas preferentes recibirán o ano pechados no concello de Boiro

    afectadospreferentesfindeano100.jpgBOIRO> Os afectados polas preferentes pasarán o fin de ano pechados no concello de Boiro.

    {flowplayer}barbanza/afectadospreferentesfindeano.flv{/flowplayer}

    Cansos pero con ganas de seguir loitando polo que é seu. Así se atopan os afectados polas participacións preferentes de NovaGalicia Banco que nin sequera interromperán o seu encerro no concello de Boiro nesta Noitevella. Tomarán as uvas todos xuntos en compaña de todos aqueles veciños que os queiran acompañar en mostra do seu apoio.

    Este peche constitúe unha medida desesperada para conseguir recuperar os cartos que investiron na entidade. Trala nacionalización da antiga caixa non conservan moitas esperanzas de recuperar os seus aforros pero esgotarán ata a última vía. Séntense ademais discriminados xa que algúns afectados si cobraron o que atribúen a intereses políticos.

    Esta noite celebrarán xuntos unha noitevella distinta marcada pola reivindicación e sobre todo pola esperanza. Tralas doce badaladas un desexo común ocupará as súas mentes agardan que o 2013 sexa o ano no que por fin poidan recuperar os cartos que tanto lles custou gañar.

    Redacción Barbanza