Os concellos de menos de 10.000 habitantes deixarán de ter restricións horarias

GALICIA> Tódolos concellos de ata 10.000 habitantes quedan excluídos das limitacións das faixas horarias para saír pasear ou facer deporte. Deste xeito, concellos como Cambados, O Grove ou Ribadumia deixan de ter restricións temporais. Os únicos concellos da zona que manteñen as franxas horarias para pasear son Vilagarcía e Pontevedra.

As restricións para pasear quedarán eliminadas nas poboacións de menos de 10.000 habitantes. Tódolos residentes dos concellos que estean por baixo dese limiar  gozarán de liberdade horaria para saír cos nenos, pasear ou facer exercicio, sen ningún tipo de restrición temporal.

A decisión parte do goberno central que equipara as localidades de 10.000 habitantes coas de 5.000, onde xa se podían realiza-las actividades que están permitidas a calquera hora do día.

Na nosa contorna, quedan excluídos das limitacións das faixas horarias O Grove, Cambados, Ribadumia ou Meaño.

No Barbanza, prácticamente toda a comarca está xa sen restricións. Tan só continúan no concello de Ribeira, en concreto na parroquia de Santa Uxía. O resto de municipios da zona xa non teñen horario para saír á rúa. O mesmo acontece na zona de Muros e Noia, onde tampouco hai franxas horarias.

A medida tamén afecta a outros concellos próximos como  Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade ou Vilaboa.

Todos estes concellos uniranse nos próximos días, en canto se publique a normativa, aos municipios que xa non estaban suxeitos a restricións por contar con menos de 5.000 habitantes, como son Cuntis, Barro, Moraña, A Illa, Meis ou Portas.

Na nosa contorna, só Pontevedra, Vilagarcía ou Marín continúan con franxas horarias para pasear do mesmo xeito que se viña aplicando xa.

No conxunto de Galicia, unhas 300.000 persoas benefícianse desta medida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí