Vilagarcía dá a benvida ó 2013 cunha toma de uvas pasada por auga

    VILAGARCIA> Vilagarcía foi dos Concellos máis madrugadores en dar a despedida a este ano 2012; …

    {flowplayer}images/salnes/uvas_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    …nunha toma de uvas pasada por auga. Así e todo o mal tempo non fixo que moitos veciños e visitantes se presentasen na Praza de Ravella para festexar este 31 de Nadal e pedir ó 2013 os mellores desexos.

    Tamén os edís da corporación, copa do centenario en man, compartían con nós os seus mellores desexos para o aninovo. A organización dispuxo 350 quilos de uvas e 450 botellas de cava aínda que a chuvia provocou que sobrasen existencias.

    A asistencia foi moito menor que a de outros anos, pero os que había eran do máis animado.

    Esta xoldra que comezou en Vilagarcía a media mañá prolongarase ata o aninovo co ánimo de que o bo humor e as ganas de pasalo ben espanten a mala sorte e os malos augurios e fagan do 2013 o ano da recuperación en tódolos sentidos.

    Redacción Salnés