Os socialistas tenden a man en Rianxo a unha reformulación do Estatuto de Autonomía

RIANXO> Rianxo volveu a ser escenario un ano máis da celebración do Día de Galicia por parte do PsdeG-PSOE.

Ante o busto Castelao, no paseo da Ribeira, déronse cita centos de simpatizantes e militantes desta formación política, encabezados polo seu secretario xeral, Valentín González Formoso, quen aludiu novamente á necesidade de acometer unha reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Posteriormente, acompañado da voceira municipal Mari Carme Figueira, o líder dos socialistas galegos realizou como é costume a tradicional ofrenda floral ante a figura do ilustre galeguista.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí