NOIA> O patrón maior, Santiago Cruz, confirmou que será o próximo mes de setembro, aínda que haberá que agardar á próxima reunión do cabildo para coñecer a data exacta.
Á espera de retomar a actividade, dende o pósito noiés seguen a traballar na posta a punto das súas concesións coa retirada das algas e depredadores, e tamén na toma de mostras para ver o estado dos bancos marisqueiros de cara o inicio da campaña.
Segundo o patrón maior, Santiago Cruz, as perspectivas non son de todo boas, xa que non se observa moito marisco de talla. O dato positivo é que hai moita cría.
Nos últimos anos o pósito noiés vivíu campañas históricas, nas que os datos, tanto de extracción de bivalvo coma de facturación, foron de récord.
O pósito noiés está tamén de estrea. Para o inicio da campaña estarán rematadas as obras de reforma da lonxa que supuxeron un investimento de preto dos 600 mil euros.
Actuacións como a reforma da cuberta e o illamento térmico das instalacións, así como tamén a instalación dunha pequena bancada para poder seguir os procesos de clasificación, transformación e subasta do marisco sen interrumpir a actividade dos profesionais.