O goberno de Vilagarcía reclama a Alfonso Rueda a ampliación do Pousadoiro

    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía reclama ó vicepresidente da Xunta a ampliación do polígono do Pousadoiro. A tenente de alcalde fixo esta petición durante a visita de Alfonso Rueda a unha empresa química do polígono vilagarcián. O goberno local de Vilagarcía aproveitou esta mañá a visita do vicepresidente da Xunta á empresa química Kemegal, ubicada no polígono do Pousadoiro, para reiterarlle a demanda de ampliación deste parque empresarial. O executivo local considera que urxente a necesidade de Vilagarcía de aumentar o seu solo industrial para permitir crecer ás empresas xa instaladas e atraer a outras novas, que non veñen por falta de parcelas. Alfonso Rueda asegurou que nestes momentos nos polígonos a demanda comeza superar á oferta, pero ata hai moi pouco era ó contrario. A ampliación do polígono do Pousadoiro é un proxecto que vén de lonxe, e xa se deron os primeiros pasos para prever a súa segunda fase, revisando no PXOM os terreos nos que se desenvolvería. O concello ve necesario que a Xunta atenda esta necesidade de Vilagarcía.Os propios empresarios do polígono poñen de manifesto a necesidade de dispor de máis solo industrial. De feito, os responsables de Kemegal, esta compañía química de solucións integrais e con importante actividade a nivel internacional, precisa ampliar as súas instalacións para poder atender o volume de traballo que está a ter. Pero nestes momentos, carecen de terreo para facelo, e así llo transmitiron tamén ó vicepresidente da Xunta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/alfonso_rueda_visita_kemegal_07042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/07/alfonso_rueda_visita_kemegal_07042017.mp4{/flowplayer}