A finca de Torrado será un gran parque público antes do verán

    obrasfincatorrado_100_130307.jpgCAMBADOS > A horta de Torrado acollerá dous parques infantís, unha zona de ocio e un centro de interpretación da natureza.

    obrasfincatorrado_300_130307.jpgXa está en marcha en Cambados a Urbanización da Praza e Parque de Torrado, un proxecto que permitirá acondiciona-la horta do pazo para instalar parques infantis e axardinar a zona non arborada, que se acondicionará para plantar céspede, arbustos e tamén novas árbores, ademais de poñer bancos e papeleiras.

    Por outra banda o goberno local de Cambados pretende pavimentar con pedra os espazos que teñen formigón, mentres que as zonas de paseo serán de gravilla e irán claramente diferenciadas do resto do parque con bordiños a diferente altura.

    O prazo de execución destes traballos e de 3 meses e o presuposto achégase ós 118 mil euros, cos que se crearán dous parques infantís, un para menores de 5 anos e outro para rapaces de ata 14 que se farán en convenio coa Deputación.

    A terceira idade tamén contará cunha zona de ocio dotada de aparatos de ximnasia de mantemento e se fará unha aula de interpretación da natureza. O parque estará aberto todo o día e pecharase a medianoite.

    Redacción Salnés