Lores recibe ós campións do Club de Loita Pontevedra

 PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, recibiron hoxe no concello ós deportistas do Club de Loita Pontevedra. E é que no campionato de España que se ven de celebrar en Murcia, tres rapaces desta entidade acadaron medalla

{flowplayer}images/salnes/RecepcionGanadoresLoita_050313.flv{/flowplayer} 

Tanto os tres deportistas como o adestrador Marcos Miragaya recibiron as felicitacións do alcalde e do concelleiro. Tamén recoñeceron os seus méritos agasallándolles con cadanseu reloxo.

Nos campionatos de España celebrados en San Javier, Murcia, o Club de Loita Pontevedra acadou tres metais, un de cada cor. Lidia Pérez colgouse o ouro en cadete na modalidade de menos de 56 kilos; Nazaret Licer, foi prata cadete en menos de 52 kilos e, finalmente, Pablo García, foi bronce en sénior, prexudicado por unha mala decisión arbitral. Elas competiron en loita libre olímpica mentres que no caso de Pablo fíxoo en grecorromana.

O Club de Loita Pontevedra conta agora con 40 deportistas federados aínda que agardan poder aumentar este número nos vindeiros meses.

Tamén esta mañá, Lores e Fernández recibiron a Adrián Esperón e Patricia Martínez, recentemente proclamados campións de España en baile deportivo.

Redacción Salnés