Arosa e Zona Aberta únense para aumentar socios e ventas

VILAGARCÍA> ‘Aquí tamén xogamos no Arosa‘ é unha iniciativa levada a cabo polo club vilagarcián conxuntamente con Zona Aberta que permitirá ós seus socios, ós xogadores e ós xóvenes da cidade obter descontos nas súas compras en locais de Zona Aberta. O obxectivo, potenciar o pequeno comercio e a sumar socios ó Arosa.

{flowplayer}images/salnes/CampanaArosa_081112.flv{/flowplayer} 

“Aquí Tamén xogamos no Arosa” é unha completa campaña que hoxe lanza o club vilagarcián conxuntamente con Zona Aberta que ten como obxectivo por unha banda aumentar o número de socios do club, chegar ós 1.500, e polo tanto os seus ingresos, e potenciar tamén o consumo nos establementos de Zona Aberta. Dos 170 asociados, 114 participarán nesta campaña. Todos eles comprométense a facer descontos nas compras ós socios do Arosa de entre o 3% e o 10% simplemente ensinando o carnet.

Tamén poderanse beneficiar destas rebaixas tódolos xogadores do Arosa, 250 en total, que recibirán a denominada Tarxeta Arlequín nos vindeiros días, para así ser distinguidos.

Ademais, tamén nace a Tarxeta Xoven, que se pode adquirir no local social do Arosa, por 20 euros, para aqueles rapaces menores de 18 anos que non sexan nin socios nin xogadores do Arosa. 

A oferta amplíase a outros cinco locais vilagarciáns onde con calquera das tres tarxetas poderase desfrutar de descontos. Serán o Camelot Park, Bolera Park, os Multicines, McDonalds e Telepizza.

Redacción Salnés