Copa Cruceiros de clubs ORC os días 7 e 8 de agosto

plantilla_deportestrofeo_silgar.jpgSANXENXO> O 11º Trofeo Hotel Carlos I Silgar-23º Regata Ruta das Illas, celebrarase en augas da ría de Pontevedra. A Copa Galicia de Cruceiros está organizada polo Real Club Náutico de Sanxenxo.

{flowplayer}images/salnes/TROFEO_HOTEL_CARLOS_SILGAR.flv{/flowplayer}

Un ano máis, Sanxenxo volve estar no punto de mira dunha das regatas máis clásicas do verán. O onceavo Trofeo Hotel Carlos I Silgar-vixésimo terceira Regata Ruta das Illas, vai concentrar na ría de Pontevedra ós mellores barcos de clase cruceiro de clubs ORC. Para o Real Club Náutico de Sanxenxo, esta é unha proba con un cariño moi especial.

O ano pasado a participación rondou o medio centenar de barcos, pero nesta edición, está previsto igualar e incluso superar o número de tripulacións. Dende o náutico espérase que o vento acompañe, pero en caso da súa ausencia hai unha ruta alternativa.

A Federación de Vela aseguran que esta regata mantense no calendario grazas a súa alta participación e porque mostra as virtudes das costas galegas.

Un ano máis, dende o hotel Carlos I Silgar, mostran o seu apoio e sponsor, unha relación que se ven mantendo dende hai 11 anos.

Terras de Gauda, Viajes Atlántico e Solventis foron os campións galegos do ano pasado. Agora toca esperar se revalidan o seu título.

Redacción Salnés