Gas Galicia investiu no Barbanza máis de seis millóns de euros no último ano

     BARBANZA> A compañía anunciou que nos próximos anos prevé dotar de subministro de gas natural ós concellos de Rianxo, Boiro, Porto do Son e Muros.

    {flowplayer}barbanza/gasnaturalpobra.flv{/flowplayer}

    Gas Natural Fenosa fixo balance dos investimentos realizados pola compañía ó longo do pasado ano 2012 na comarca do Barbanza onde se investiron máis de seis millóns de euros, que supuxeron darlle cobertura a un 20% da poboación de Ribeira e a un 12 na Pobra do Caramiñal. Durante o presente ano ten previsto investir nestes dous concellos un millón de euros máis para continuar o seu plan de expansión e desenvolvemento de infraestruturas enerxéticas na zona.

    Expansión a outros concellos

    De cara ós vindeiro anos, Gas Galicia ten intención de dar servizo tamén a outros concellos da comarca, como é o caso de Boiro, Porto do Son, Muros e Rianxo. Concello este último no que podería iniciarse a distribución de gas a través dunha planta de gas licuado durante o vindeiro ano 2014.

    Redacción Barbanza