Ribeira organiza este domingo a cuarta edición da milla solidaria ‘Heroínas de Sálvora’

RIBEIRA> Hai uns días presentábase en Ribeira a cuarta edición da milla  solidaria Heroínas de Sálvora que terá lugar este vindeiro domingo 15 de xaneiro.

A carreira desenvolverase nas inmediacións do porto de Aguiño. Arrancará ás once e media da mañá coas categorías inferiores para rematar xa coa modalidade absoluta.

As inscrición están aínda abertas, podéndose realizar ata o vindeiro xoves 12 de xaneiros a través da páxina de cronotec.es.

A proba terá un ano máis un carácter solidario, xa que todo o que se recade irá en beneficio de Cáritas.