Baño de multitudes de Vicente del Bosque en Ribeira

 RIBEIRA> O seleccionador nacional de fútbol recibiu a insignia de ouro e brillantes do Club Natural Sport Videlgi co gallo da conmemoración do seu 15º aniversario.

{flowplayer}barbanza/vicentedelbosqueenribeira.flv{/flowplayer}

Nun ateigado pavillón municipal da Fieiteira, ante máis de mil persoas, na súa maioría escolares, o seleccionador nacional Vicente del Bosque recibiu a insignia de ouro e brillantes do Club Natural Sport Videlgi, co gallo da conmemoración do seu 15º aniversario. Durante o acto Del Bosque mostrouse moi próximo, asinando autógrafos e camisetas e sacándose fotos con todo aquel que llo solicitaba. Especialmente emotivo foi o recibimento e as mostras de cariño recibidas por parte dos usuarios de dúas asociacións da comarca que traballan con persoas con diversidade funcional como son AMBAR e AMICOS. Os actos comezaron cunha proxección audiovisual titulada “A Viaxe” sobre o papel do deporte en Ribeira e a continuación tivo lugar unha dobre exhibición de taewondo, a primeira delas a cargo do integrante do Club Natural Sport Videlgi, Jorge Gómez Cadórniga, e posteriormente outra na que tomou parte o equipo galego do Mace-Sport. No turno de intervencións, despois de agradecer a entrega do distintivo, Del Bosque tratou de transmitirlle ós pequenos os principais valores do deporte.

Figura exemplar

O evento contou tamén coa presenza e participación de diversas autoridades locais, entre elas o alcalde, Manuel Ruíz, que destacou a figura exemplar de Del Bosque.

Autoridades

Tamén estiveron presentes persoeiros do mundo do deporte, como a presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos, o presidente da Fundación Álex, Gabriel Masfurroll, e a directora dos Premios Laureus España, Paula García Villora.

Redacción Barbanza