Comezan as obras de saneamento en Burés

RIANXO> A actuación conta cun orzamento de 104 mil euros e virá a dar servizo, nesta primeira fase dos traballos, a unhas trinta vivendas.

Esta semana a empresa Nosa, adxudicataria das obras, iniciaba os traballos para a dotación de servizo de saneamento ó núcleo de Burés.

A actuación cun orzamento de 104 mil euros virá a dar servizo, nesta primeira fase, a unhas trinta vivendas que carecían deste servizo. A obra vai con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña.

O executivo rianxeiro confía en poder acometer nos próximos meses outra actuación importante relativa ó saneamento, como é a proxectada para o núcleo de Quintáns, en Isorna.

Pouco a pouco o Concello segue a dar pasos de cara ó ansiado saneamento integral do municipio que pasaría tamén con outros proxectos aínda pendentes como é o caso do da Pousada, na parroquia do Araño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí