![]()
RIBEIRA> Un grupo de afectados pola hipoteca concentrouse ás portas da oficina de Caja España para reclamar maior flexibilidade ante as solicitudes de refinanciación da hipoteca ou moratoria.
{flowplayer}barbanza/protestaafectadoshipoteca.flv{/flowplayer}
Esta concentración é a primeira das moitas que ten previsto a plataforma contra dos desafiuzamentos ante aquelas entidades bancarias que non ofrecen facilidades ás persoas con problemas para facer fronte á hipoteca.
Coa presentación deste escrito esixen un trato máis humano para familias como as de Francisco Javier, Alfonso ou Stanislav para os que o soño de ter unha vivenda propia acabou tronándose en pesadelo. A fala de ingresos ante a imposibilidade fixo que algúns tiveran que deixar de pagar as cotas.
Mentres, noutros casos son os avalistas os que tiveron que asumir os pagos destinando practicamente a totalidade do soldo a saldar o préstamo.
Dende a plataforma entenden que esta entidade financeira está a atravesar dificultas co inminente peche de varias sucursais e o despido de persoal. Sen embargo, esixen unha maior flexibilidade nos casos de familias en risco de exclusión social para poder refinanciar a débeda en lugar de perder a súa vivenda.
Redacción Barbanza










