Adxudicada a ampliación do polígono da Tomada

     POBRA> O Consello de Administración de SIGALSA adxudicou as obras de ampliación do polígono da Tomada á empresa ‘Dragados y Construcciones S.A’.

    {flowplayer}barbanza/adxudicacionampliaciontomada.flv{/flowplayer}
     
    Boa nova para a Pobra que tras anos de xestións vén de facer realidade unha das súas principais aspiracións. A empresa ‘Dragados y Construcciones’ acometerá as obras de ampliación do polígono da Tomada, unha actuación máis necesaria se cabe nestes tempos nos que a creación de emprego é unha prioridade para tódalas administracións.
     
    En canto á distribución de parcelas haberá diferentes superficies en función das necesidades dos empresarios. Polo momento, xa hai seis empresas con reserva para ampliar as súas instalacións: Luís Escurís Batalla, Transportes Mapir, Cartogal, Frigoríficos Cruz del Sur e autobuses Muíños.
     
    O orzamento total desta ampliación, que se executará nun prazo aproximado de oito meses, ascende ós catro millóns de euros.
     
    Redacción Barbanza