Cuntis acolle o venres o musical O Rei León

 CUNTIS>  Cuntis elévase ó nivel das grandes cidades no eido cultural ó albergar un dos musicais de moda. Este venres o show do Rei León

{flowplayer}images/salnes/musical_rei_leon_cuntis.flv{/flowplayer}

… chega a este Concello para deleite de veciños e visitantes.

Aínda que vai a ser a primeira vez que o Rei León se deixe ver en Cuntis, grandes e pequenos xa coñecen os pormenores deste gran musical; só que desta vez poderán velo sen saír do seu Concello.

Será cuestión de días para que este espectáculo de música, danza e cor alumee as caras de grandes e pequenos no Auditorio de Cuntis baixo entrada de balde. A chegada desta superproducción débese á celebración do décimo aniversario da Escola de Música e Danza Coda.

Redacción Salnés