O CEIP Castelao repite como gañador do Certame das Letras Galegas

     RIANXO> O CEIP Castelao gañou por segundo ano consecutivo o Concurso Exposición das Letras Galegas convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. .

    {flowplayer}barbanza/premioletrasgalegasceipcastelao.flv{/flowplayer}

    O traballo ‘Roberto Vidal Bolaño; actor, autor e público de aquí’ valeulles ós escolares do Colexio Castelao de Rianxo o primeiro premio do certame das letras galegas convocado pola Xunta de Galicia. pero máis alá do recoñecemento e da dotación económica, este traballo serviulles para afondar no coñecemento da traxectoria deste dramaturgo.

    Durante o acto de entrega do premio, os pequenos tiveron ocasión de demostrar o talento que lles fixo merecedores por segundo ano consecutivo desta distinción. A presentación audiovisual do traballo incluíu a dramatización de varios textos de Vidal Bolaño a cargo dos pequenos que puxeron de manifesto a súa capacidade interpretativa.

    Ademais dos dous mil cincocentos euros con que está dotado o galardón, a exposición de carteis elaborada polos escolares rianxeiros amosarase en tódolos colexios galegos. Ademais, un dos carteis será a imaxe da cadea de supermercados Eroski para conmemorar o Día das Letras Galegas.

    Redacción Barbanza