Corrubedo promocionará os produtos do mar cunhas xornadas de tapas

     RIBEIRA> A iniciativa gastronómica xorde coa finalidade de crear unha oferta máis de ocio no municipio.

    {flowplayer}barbanza/presentaciontapascorrubedo.flv{/flowplayer}

    As persoas que se acheguen esta vindeira fin de semana a Corrubedo, venres, sábado ou domingo, poderán degustar en cinco establecementos hostaleiros dunha tapa especial baseada en produtos do mar. A iniciativa xorde coa finalidade de crear unha oferta máis de ocio na zona.

    Cada local ofrecerá unha tapa, que se venderá ó módico prezo dun euro. Ademais entregaraselle unha tarxeta que deberá ser selada en cada un dos locais participantes na iniciativa, que unha vez cuberta entrará no sorteo dunha viaxe en barco pola Ría de Arousa.

    Apoio do concello

    Na presentación da actividade, ademais dos representantes dos locais hostaleiros participantes, tomou parte a tenente de alcalde de Ribeira, Lola Elorduy, que destacou a importancia da iniciativa.

    Redacción Barbanza