Un Policía Nacional falece ó perder o control da súa motocicleta

    RIBADUMIA> Un motorista de Castrelo perdeu a vida este mediodía ó saírse da vía en Ribadumia. Eran case as tres da tarde cando segundo testemuñas presenciais, o mozo Luís C. R., de 37 anos,
     

    {flowplayer}images/salnes/morto_accidente_moto.flv{/flowplayer} … Policía Nacional en Madrid, circulaba a gran velocidade pola estrada xeral de Ribadumia en dirección a ó Freixo e, sen razón aparente, perdeu o control da súa moto, unha Kawasaki Z 1000 verde; e foi a bater contra esta esquina, que fai de intersección entre a Rúa Abán e o acceso da estrada de Leiro, á altura de Besomaño. Malia levar posto o casco, o golpe foi brutal deixando prostrado na estrada ó piloto, que faleceu no acto, e indo a motocicleta a bater ela soa contra este estanco. Varios seareiros de dous bares da contorna oíron o impacto e algúns mesmo viran pasar a moto desde a terraza dun dos locais, e ollaron como, inexplicablemente, perdía o control da motocicleta en cuestión de segundos. A consternación no lugar do sinistro ía en aumento, así como as protestas dos veciños do lugar que aseguran que por esta vía hai moitos desprazamentos a altísimas velocidades a calquera hora do día, malia a tratarse dunha vía urbana. Ca chegada dos sanitarios, axentes da Garda Civil e Protección Civil de Ribadumia cortaron o tráfico desviando a circulación polo rueiro que pasa por diante do Auditorio Municipal ata as cinco da tarde. Redacción Salnés